melide - Home
9 de septiembre de 2010
Home | Engadir a Favoritos | Mapa do Sitio | Contacto |        

Home Novas Ano 2007 A directora xeral de Comercio informou a...

A directora xeral de Comercio informou aos comerciantes melidenses da nova Lei de Comercio

Ana Rúa explicou aos participantes os pormenores da nova normativa autonómica no acto organizado por ASETEM-CCA

13/04/2007

 

A directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, Ana Rúa, participou na noite de onte nun encontro con comerciantes melidenses organizado pola Asociación de Empresarios Terra de Melide-Centro Comercial Aberto. Ana Rúa quixo achegar de primeira man aos comerciantes os principais trazos que se recollen no anteproxecto de Lei que lexislará o comercio de proximidade, e que podería aprobarse este mesmo ano.

 

Ana Rúa abordou a lexislación referente aos horarios comerciais, e subliñou a importancia dos axentes asociativos coma ASETEM-CCA á hora de informar puntualmente aos comerciantes da normativa que opera.

 

A directora xeral de comercio indicou que no anteproxecto está recollido un recurte do tempo de rebaixas, que pasará de 3 a 2 meses, e que inclúe a prohibición de ter, 30 días antes do período de rebaixas calquera iniciativa de promoción ou saldo, a excepción de se se trata de lanzamento de novos productos ou apertura de novos establecementos.

Respecto ás grandes superficies, e á supervivencia dos pequenos comercios, Rúa explicou ata ónde pode dictaminar a dirección xeral, e lembrou o peso dos concellos na decisión final. Rúa lembrou que dende o seu departamento non hai nada en contra das grandes superficies, pero que hai que racionalizar os distintos formatos de comercio existentes para que poidan convivir; ademáis, engadiu que nun espazo coma Galicia, o impacto dunha grande superficie non se cingue só ao seu concello, senón que reprecute en municipios próximos.

 

Axudas

Outro dos aspectos que Ana Rúa salientou ante os asistentes foi que Comercio ten un orzamento de 24 millóns de euros para investir no comercio de proximidade. Rúa destacou que o seu departameto está a traballar con tres liñas de axudas, unha dirixida aos concellos (para empregar en urbanismo comercial), outra para asociacións, e unha terceira para beneficiarios individuais. Neste apartado, Rúa abundou no papel do asociacionismo, e indicou que á hora de tramitar as solicitudes de axuda, terán en conta positivamente a pertenza dos comerciantes a algún colectivo comercial.

 

Ana Rúa destacou a necesidade de que a Dirección Xeral actúe nas partes máis febles do tecido comercial, como pode ser impulsando o uso do galego entendido como valor económico.Rúa lembrou ademáis a necesidade de “conxugar tradición, identidade e modernidade”.


 

 

©2006 A.S.E.T.E.M. -:- Asociación de Empresarios Terra de Melide
C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 - 15800 Melide (A Coruña) - info@asetem.com