SUBVENCIÓNS MES DE XUÑO (DOG 113, DO 15 DE XUÑO)

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DO ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTAS (DOG 113, DO 15/06/2017) Beneficiarios: Empresas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica. Requisitos, entre outros: que estean de alta nalgunha das epígrafes do IAE que ser relacionan no Anexo II da Orde da convocatoria, e que desenvolvan a súa actividade comercial retallista nun establecemento de ata 150 m2 de superficie de exposición e venda (agás a actividade 653.1 do IAE) Prazo de solicitude: Ata o 17/07/2017. Actuacións subvencionables, realizadas e pagadas entre o 01/01/2017 e o 30/10/2017, e contías: 1.- PROXECTOS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL, con proxecto técnico de decoración e interiorismo, consistentes en: 1.a) Obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local. 1.b) Adquisición de moblaxe e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto, de uso exclusivo na zona de exposición e venda. 1.c) Mellora da fachada exterior do local e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares. Investimento subvencionable, para o conxunto das actuacións: entre 15.000€ e 30.000 € (IVE excluído). Este investimento ampliarase ata 2.000€ para atender os custos de proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10% do investimento. Contía: 50% do investimento máximo subvencionable. 2.- PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DA IMAXE COMERCIAL, consistentes en: 2.a) Obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local. 2.b) Adquisición de moblaxe e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto, de uso exclusivo na zona de exposición...
AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL)

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL)

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL) Proxectos subvencionables: creación de PEMES por novos emprendedores, investimentos para a ampliación de novas PEMES xa creadas. Definicións: .- Novo emprendedor. Persoa física que non estea acometendo unha actividade económica por conta propia ou ben, que figure de alta como autónomo con unha antigüidade igual ou inferior a 42 meses. .- Nova PEME-Autónomos: cando a alta censal teña unha antigüidade inferior a 42 meses e deberá ter plena dedicación ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta propia ou allea dende a alta na actividade ou da data da solicitude) .- Nova PEME-Sociedades: cando tanto a súa constitución como a súa alta censal non teñan unha antigüidade superior a 42 meses. Custo subvencionable do proxecto entre 25.000 e 500.000 euros. Serán beneficiarios desta axuda as PEMES que cumpran os seguintes requisitos, entre outros: .- Mais da metade do seu capital corresponderá a persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude. .- Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade por conta propia deberá ter plena dedicación ao proxecto. .- Contribución financeira ao proxecto, de como mínimo o 25% do importe do investimento. Investimentos subvencionables: Obra civil; bens de equipamento; activos fixos mobiliarios; activos inmateriais; gastos de I+D e canon franquías; aluguer bens inmobles, reforma instalacións; gastos de informe de auditoría; e activos pertencentes a un establecemento que pechase ou vaia pechar. Contía: ata o 25% dos investimentos subvencionables (ata o 35% no caso de pequena empresa) Prazo de solicitude: ata...
Tarda a autovía…

Tarda a autovía…

Tribuna de opinión da Xunta Directiva de Asetem Son tempos de cisma na principal organización empresarial galega. A patronal de Pontevedra decidiu hai poucos días abandonar de forma temporal a Confederación de Empresarios de Galicia, que suma así un novo capítulo de desencontros no xa convulso panorama que vén protagonizando nos últimos meses. Aínda así hai quen segue apelando ao consenso por unha causa maior: o progreso de Galicia. Fíxoo Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (da que forma parte Asetem), a través dun artigo de opinión publicado en La Voz de Galicia no que instaba  a construír un relato único dende o que demandar actuacións sobre as infraestruturas e o territorio claves para o desenvolvemento. Citaba, entre elas, a futura autovía Lugo-Santiago e aludía á necesidade de acabala “cuanto antes (…) impulsando licitaciones y obras en el tramos Arzúa, Melide, Palas”. Dende a patronal melidense facemos nosas as súas palabras, tanto no que á necesidade dun consenso se refire como á urxencia por rematar unha estrada que xa acumula demasiado atraso e que resulta de vital importancia para vertebrar o centro de Galicia. Chamaremos ás portas que sexa preciso para que a autovía sexa unha realidade canto antes e, de non sermos escoitados, non dubidaremos en encabezar de novo como xa fixemos no seu momento a mobilización social. Melide e o progreso da comarca non poden agardar máis pola...
Volve a Melide o Salón da Voda coas últimas tendencias  do sector nupcial

Volve a Melide o Salón da Voda coas últimas tendencias do sector nupcial

As campás de voda soan de novo en Melide para anunciar a volta do salón nupcial, que despois de tres anos de ausencia volverá ser unha realidade a fin de semana do 11 e 12 de marzo. A vila recuperará así un dos eventos de promoción e dinamización comercial máis importantes que se ten realizado nos últimos anos. O motivo que explica o regreso do Salón da Voda melidense non é outro ca o interese reiterado que amosaron diferentes empresas do sector nupcial (maiormente de fóra da comarca) dende que se clausurou a terceira e última edición, en marzo de 2014, por participar nel e empregalo como plataforma para dar a coñecer os seus negocios. Foi así que o Concello de Melide se decidiu a relanzar a iniciativa.   Algúns cambios O Salón da Voda regresa pero non exactamente coa mesma fórmula das tres anteriores edicións, celebradas respectivamente en 2012, 2013 e 2014 baixo o lema Casa comigo en Melide. Este ano pasa a ser Casa con nós, aínda que ese non é o cambio máis significativo, senón o feito de que tanto Asetem como o Concello xogarán un papel secundario, colaborando e apoiando loxisticamente á organización, que recaerá en Frida Kiwi, unha empresa especializada en eventos nupciais. Da man deste cambio vai outra das principais novidades  desta edición, como será a presenza de empresas de fóra de Melide. De feito, dos case 50 negocios que xa teñen confirmada a súa asistencia, só 10 teñen a súa sede na vila. A Coruña, Santiago, Betanzos, Ordes, Touro, Bertarmiráns ou Arzúa son algúns dos lugares de procedencia do resto de empresas....
Mercamelide consolídase tamén como escaparate  de promoción

Mercamelide consolídase tamén como escaparate de promoción

Pódese dicir que un evento ten  boa saúde cando co paso do tempo, lonxe de estancarse, segue medrando e renovándose. Neste sentido o Mercamelide demostrou na súa ultima edición, celebrada os días 4 e 5 de febreiro, que goza de plena vitalidade, pois ademais de seguir sendo fiel á súa esencia orixinal como feira de saldos comeza a consolidarse tamén como espazo de promoción e/ou presentación de novas empresas e negocios. Exemplo diso foi a presenza este ano no Mercamelide dunha nova compañía de telefonía móbil e internet que comezou a operar na vila (Juifi) e tamén dunha empresa enerxética que se instalará en breve en Melide (Medancli). Ámbalas dúas confiaron na feira como escaparate para darse a coñecer, ao igual ca o fixo o sector da automoción, que participou por primeira vez o ano pasado e que xa está plenamente integrado na feira. Ademais da venda de coches de ocasión, o evento tamén serve para presentar os últimos modelos que van chegando aos concesionarios. Pero non foron estas as únicas novidades da 17ª edición do Mercamelide, á que se incorporaron catro novos negocios que nunca antes participaran: Angarela, Ferretería Noguerol, Diva-Pro e Pequeniños. Isto supuxo tamén a presenza de novos sectores, como  o da estética e a perruquería, e a recuperación do zapato infantil, desaparecido das últimas edicións.   Bo nivel de vendas Pero non só de novidades vive o Mercamelide. A asistencia de público e as vendas son factores determinantes. Neste aspecto a derradeira edición foi “boa a nivel global”, segundo  indican dende Asetem, entidade que colabora na organización da feira. Corrobórano a maioría de comerciantes, que...
O polígono da Madanela oferta solo industrial bonificado  ao 30 por cento

O polígono da Madanela oferta solo industrial bonificado ao 30 por cento

A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Xestur, vén de convocar un novo proceso de venda de solo empresarial con bonificacións do 30% e do 50%. No caso do polígono de Melide aplicarase o menor dos descontos sobre unha superficie de 10.971 metros cadrados repartidos en cinco parcelas, que se venderán a 42 € o metro. Idéntico prezo terán as dúas parcelas  á venda no parque empresarial de Arzúa, que suman 5.085 metros cadrados. A oferta do polígono melidense é a terceira maior na área de Compostela en canto a superficie bonificada, só por detrás do de Negreira, con 15.585 metros cadrados e 8 parcelas a un prezo de 34,5 € o metro, e o da Sionlla (Santiago), que é o que ten a maior oferta de solo bonificado de Galicia. Comprende unha superficie de 407.343 metros    cadrados, divididos en 98 parcelas, a 80,5 € o metro cadrado. Na actualidade, segundo os datos que constan en Xestur, quedan libres no Polígono da Madanela 7 parcelas: 5 da segunda fase, as que saen agora con prezo bonificado a 42 euros o metro, e outras dúas da primeira fase cun prezo de 35,62 euros o metro. O prazo para presentar as ofertas de adquisición remata o 18 de...