PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN (DOGA 19, DO 26/01/2018)

Beneficiarios: Empresas privadas de carácter mercantil. Requisitos, entre outros:

.- De nova creación (inicio da actividade dende 01/08/2017).

.- Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

.- Promovidas, como máximo, por 5 persoas e que entre os socios non figure ningunha persoa xurídica.

.- Capital máximo de 120.202 euros.

.- Que, como mínimo, o 50% do capital social pertenza a persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tamén poderán ser beneficiarias as empresas privadas que obtivesen a cualificación de Iniciativa Local de Emprego (ILE)

Tipos de axuda:

a) SUBVENCIÓN Á XERACIÓN DE EMPREGO ESTABLE

Contía: dende 2.000 euros por cada posto de traballo indefinido a xornada completa que se cree (incluído o dos promotores), cun máximo de 10 postos, ocupados por persoas desempregadas. Esta contía base incrementarase segundo os colectivos podendo chegar a unha contía máxima por posto de 8.000 euros.

Serán subvencionables os postos creados entre o 01/08/2017 e o 31/07/2018.

b) SUBVENCIÓN PARA FORMACIÓN

Será subvencionable os cursos e actividades formativas relacionadas coas funcións xerenciais así como a formación directamente relacionada coa actividade a desenvolver polos promotores.

Contía: ata o 75% do custo dos servizos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos.

c) SUBVENCIÓN PARA INICIO DA ACTIVIDADE

Gastos subvencionables: honorarios de notaría e rexistrador; compra de mercadorías e materias primas; arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos; gastos de seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións; realizados desde un mes antes do inicio e o prazo de xustificación que figure na resolución, como máximo ata o 20/12/2018.

Contía: 2.000 euros por cada emprego subvencionable, cun máximo de 10. Esta contía base poderá incrementarase segundo os colectivos chegando a contía máxima por posto de traballo que será de 8.000 euros.

d) SUBVENCIÓN PARA CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR DAS PERSOAS PROMOTORAS

Subvención do 75% do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para promotores con fillos menores de 3 anos, que obtivesen axuda para a creación do seu propio posto de traballo; cando sexan titulares de familias monoparentais ou de familias nas que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral.

Serán subvencionables os gastos de gardaría desde os tres meses anteriores ao inicio da actividade ata o mes de xullo de 2018.

Prazo de solicitude: Ata o 31/07/2018

Obrigas, entre outras: manter a forma xurídica e a actividade durante 2 anos.