MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURISTICOS DE ALOXAMENTO (DOGA Nº 16 DO 23/01/2018)

Actuacións subvencionables: As destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras das instalacións para obter a Q de Calidade Turística, actuacións para incremento de categoría do establecemento, mellora da climatización, renovación e modernización das instalacións e renovación dos equipamentos mobles.

Beneficiarios: Pemes titulares de establecementos turísticos de aloxamento con autorización ou clasificación conforme a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividade Turísticas da Xunta de Galicia, e con unha antigüidade mínima de 5 anos.

Obrigas: manter a actividade subvencionada un mínimo de 5 anos.

Contía: ata o 35% da inversión e como máximo 35.000 euros.

Prazo: ata o 23/02/2018

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS (DOG 20, DO 29/01/2018)

Beneficiarios: Titulares de explotacións agrarias ou membros da unidade familiar destas, persoas físicas, microempresas e pemes situadas en zonas rurais, todos eles constituídas antes do 01/01/2018.

Proxectos subvencionables, destinados á ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias noutros sectores de actividade, entre eles: industria; transformación e/ou comercialización de produtos agrarios cando o produto final non estea incluído no anexo I do TFUE; servizos sociais; actividades de ocio, recreativas e deportivas; artesanía; innovación tecnolóxica, servizos técnicos, etc.

Investimento subvencionables, entre 10.000 e 300.000€ (de 5.000 a 100.000€, no caso de artesanía).

Gastos subvencionables: compra de maquinaria e equipamentos novos, execución de obra e/ou instalacións (o importe máximo neste caso será o 50% do total dos gastos subvencionables, co límite de 100.000€).

Contía da axuda: 45% dos gastos subvencionables

Prazo: 28/02/2018

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES (DOG 21, DO 30/01/2018)

Beneficiarios, entre outros: Autónomos, empresas, entidades sen ánimo de lucro e comunidades de montes.

Obxecto: Fomento do uso das enerxías renovables, mediante instalacións de equipamentos que utilicen a biomasa como combustible e instalacións xeotérmicas, aerotérmicas e solar térmicas.

Contía: dende o 50% do custe do investimento.

Prazo: Ata o 28/02/2018