INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL. (DOGA Nº 153 do 11 agosto de 2017)

Beneficiarios:

.- Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten persoal para prestar servizos en centros de traballo de Galicia.

Prazos de solicitude:

.- Para contratacións realizadas entre o 01/10/2016 e o 11/08/2017, prazo de solicitude ata o 11/09/2017.

.- Para as contratacións subvencionables realizadas dende o 12/08/2017, o prazo de solicitude será ata o último día do mes seguinte á data de inicio da relación laboral subvencionable, como máximo ata o 30/09/2017.

Programa I: Programa de incentivos á contratación indefinida inicial

.- Incentivaranse a realización de contratos indefinidos iniciais, a tempo completo ou parcial, de persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

.- Período de contratación: dende o 1/10/2016 ata o 30/09/2017.

.- Debese incrementar o cadro de persoal fixo e o emprego neto da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores á contratación.

.- A xornada non poderá ser inferior ao 50%.

.- Cuantía: entre 8.000 € e 20.000€ segundo o colectivo no caso de contratos a xornada completa. Para contratos a tempo parcial os importes prorratearanse en función da xornada.

.- Obrigas entre outras: Manter no cadro de persoal á persoa contratada e o número de persoas traballadoras fixas durante 2 anos.

Programa II: Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social

.- Incentivaranse a realización de contratos indefinidos iniciais, contratacións de caracter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos con persoas que estean en situación ou risco de exclusión social.

.- Período de contratación: dende o 1/10/2016 ata o 30/09/2017.

.- Cuantía: entre 2.500 € e 17.500€ segundo o colectivo no caso de contratos a xornada completa. Para contratos a tempo parcial os importes prorratearanse en función da xornada.

.- Obrigas entre outras: Manter no cadro de persoal á persoa contratada e o número de persoas traballadoras fixas durante 2 anos nas contratacións indefinidas. Manter a persoa traballadora durante todo o contrato, no caso da contratación temporal. Manter no cadro de persoal fixo as persoas subvencionadas, no caso de transformación de contratos temporais en indefinidos.