SUBVENCIÓNS MES DE XUÑO (DOG 113, DO 15 DE XUÑO)

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DO ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTAS

(DOG 113, DO 15/06/2017)

Beneficiarios: Empresas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica.

Requisitos, entre outros: que estean de alta nalgunha das epígrafes do IAE que ser relacionan no Anexo II da Orde da convocatoria, e que desenvolvan a súa actividade comercial retallista nun establecemento de ata 150 m2 de superficie de exposición e venda (agás a actividade 653.1 do IAE)

Prazo de solicitude: Ata o 17/07/2017.

Actuacións subvencionables, realizadas e pagadas entre o 01/01/2017 e o 30/10/2017, e contías:

1.- PROXECTOS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL, con proxecto técnico de decoración e interiorismo, consistentes en:

1.a) Obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local.

1.b) Adquisición de moblaxe e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto, de uso exclusivo na zona de exposición e venda.

1.c) Mellora da fachada exterior do local e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Investimento subvencionable, para o conxunto das actuacións: entre 15.000€ e 30.000 € (IVE excluído). Este investimento ampliarase ata 2.000€ para atender os custos de proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10% do investimento.

Contía: 50% do investimento máximo subvencionable.

2.- PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DA IMAXE COMERCIAL, consistentes en:

2.a) Obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local.

2.b) Adquisición de moblaxe e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto, de uso exclusivo na zona de exposición e venda.

2.c) Mellora da fachada exterior do local e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Investimento subvencionable: máximo de 60€ por metro cadrado de superficie de exposición e venda (máximo 9.000€), cun mínimo de 3.000€ (superficie de exposición e venda superior ou igual a 50 m2) ou 1.500€ (superficie inferior a 50 m2)

Contía: 40% do investimento máximo subvencionable.

3.- SERVIZOS DUN XESTOR DE REDES SOCIAIS. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce, que se vai desenvolver durante o 2017, en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

 

SUBVENCIÓNS PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

(DOG 112, DO 14/06/2017)

Beneficiarios: Persoas físicas promotoras ou comunidades de propietarios que conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade.

Importes máximos das subvencións: 50% do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, sen que poida superar a contía de 6.600 € no caso de remate de fachada e rehabilitación, e a cantidade de 8.600 € na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14/07/2017.

 

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN EDIFICATORIA DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN, CONVOCATORIA PARA O ANO 2017

(DOG 111, DO 13/11/2017)

Obxecto: Actuacións de rehabilitación que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva.

Requisitos dos edificios:

  1. Que estean finalizados antes de 1981.
  2. Que, polo menos, o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
  3. Que, polo menos, o 70% das súas vivendas sexa o domicilio habitual dos seus moradores.

Excepcionalmente, admitiranse os edificios nos que, sen cumprir as condicións anteriores, concorra algunha destas circunstancias:

  1. Presenten graves danos estruturais ou doutro tipo que xustifiquen a súa inclusión no programa.
  2. Se destinen na súa totalidade ao alugamento durante un mínimo de 10 anos.

Son actuacións subvencionables as dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como a realización de axustes razoables en materia de accesibilidade de edificios que conten con informe de avaliación.

Beneficiarios: Comunidades de propietarios, agrupacións destas e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas.

Contía máxima de subvención por edificio: 11.000€ por cada vivenda e por cada 100 m2 de superficie útil de local (12.100€, cando se trate de edificios declarados Bens de Interese Cultural). Esta contía máxima non poderá superar o 35% do custo subvencionable (50% no caso de actuacións de mellora da accesibilidade).

Prazo solicitude: Ata o 13/07/2017.

 

APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO, NO MARCO DO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS.

(DOG 112, DO 14/06/2017)

Beneficiarios: Comunidades de propietarios e agrupación de comunidades de propietarios, así como as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

Contía máxima: 11.000 euros por vivenda, sen que en ningún caso poida exceder o 35% do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.

Prazo: Ata o 30/11/2017 ou esgotamento de crédito.

 

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA

(DOG 117, DO 21/062017)

Entidades beneficiarias: Empregadores autónomos e empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, sociedades civís e comunidades de bens, fundacións, asociacións e outras institucións sen fin de lucro que, entre o 01/10/2016 e o 30/09/2017, realicen contratacións de traballadores con discapacidade desempregados e inscritos no servizo público de emprego, como  ou aqueles procedentes de centros especiais de emprego, ou transformación de contratos temporais en indefinidos con traballadores con discapacidade.

Xornada de traballo, pode ser a tempo completo ou parcial. Neste caso, as axudas percibiranse en proporción ao tempo de traballo.

Tipos de axuda:

1.- SUBVENCIÓN POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA.

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais de persoas con discapacidade desempregadas ou procedentes de centros especiais de emprego, así como as transformacións en indefinidos de contratos formativos e de contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade.

Contía base: 6.000 € por cada persoa traballadora con discapacidade a xornada completa. Esta contía poderá incrementarse en función do colectivo, ata a contía máxima de 13.000€.

As contías da subvención poderán incrementarse en 902 euros para adaptación dos postos de traballo, pola dotación de equipamentos de protección persoal do traballador contratado ou para eliminar barreiras, con informe favorable da Inspección de Traballo.

2.- SUBVENCIÓN POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS CON DISCAPACIDADE NUN ENCLAVE LABORAL

Será subvencionable a contratación indefinida de un traballador/a con discapacidade do enclave laboral. Para causar dereito á axuda a contratación deberase realizar sen solución de continuidade transcorrido, polo menos, 3 meses dende o inicio do enclave laboral ou desde a incorporación do traballador/a, se esta fose posterior.

Contía: As axudas serán as mesmas que as establecidas para a contratación indefinida; salvo no caso de persoa con discapacidade con especiais dificultades de inserción contratada a xornada completa, que a contía será de 7.814€.

Esta axuda incrementarase en 902 euros para adaptación dos postos de traballo, pola dotación de equipamentos de protección persoal do traballador contratado ou para eliminar barreiras, con informe favorable da Inspección de Traballo.

3.- SUBVENCIÓN POLA CONTRATACIÓN TEMPORAL

Será subvencionable a contratación temporal por unha duración inicial mínima de 12 meses, de persoas traballadoras con discapacidade desempregados e inscritos como demandantes de emprego ou procedentes de centros especiais de emprego.

Contía: 2.000 euros por cada traballador/a a xornada completa. Esta contía poderá incrementarse en función do colectivo, ata a contía máxima de 4.000€.

Esta axuda incrementarase en 902 euros para adaptación dos postos de traballo, pola dotación de equipamentos de protección persoal do traballador contratado ou para eliminar barreiras, con informe favorable da Inspección de Traballo.

4.- SUBVENCIÓN POLA CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIADE NO MARCO DE PROXECTOS DE EMPREGO CON APOIO.

Sempre que os proxectos de emprego con apoio estean subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro do Programa de Emprego con Apoio, concederáselles aos empregadores que contraten persoas con discapacidade as seguintes axudas:

  1. Contratación indefinida: 9.000 € por cada persoa traballadora con discapacidade a xornada completa. Esta contía poderá incrementarse en función do colectivo.
  2. Contratación temporal: 7.500 € por cada persoa traballadora con discapacidade a xornada completa. Esta contía poderá incrementarse en función do colectivo.

 

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO COMO MEDIDA DE FOMENTO DO EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

(DOG 117, DO 21/062017)

EMPREGO CON APOIO. Conxunto de accións de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo, prestadas por preparadores laborais especializados, que teñen por obxecto facilitar a adaptación social e laboral de persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral en empresas do mercado ordinario de traballo.

Persoas destinatarias deste programa: traballadores con discapacidade desempregados inscritos nos servizos públicos de emprego como demandantes de emprego, así como os contratados por centros especiais de emprego, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  1. Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  2. Persoas con discapacidade física ou sensorial, con grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  3. Persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Entidades beneficiarias:

.- Asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar ás persoas traballadoras con discapacidade.

.- Centros especiais de emprego, que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar.

.- Empresas do mercado ordinario de traballo que contraten as persoas con discapacidade beneficiarias destas accións, sempre que conten no seu cadro de persoal con preparadores laborais especializados ou se comprometan a incorporalos.

Contía das subvención a preparadores laborais:

.- 6.600 euros anuais (a xornada completa) por persoa con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

.- 4.000 euros anuais (a xornada completa) por persoa con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade entre 33% e inferior ao 65%.

.- 2.500 euros anuais (a xornada completa) por traballador con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, e para traballadores con discapacidade auditiva, con grao de discapacidade igual ou superior a 33%.

Estas contías base poderán incrementarse en función do colectivo, sen superar a contía máxima de 13.200 euros ou o importe fixado no convenio colectivo de aplicación.