AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL)

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL)

concurso-de-emprendedores-lanzadera-20141AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (DOG 73, DO 17 ABRIL)

Proxectos subvencionables: creación de PEMES por novos emprendedores, investimentos para a ampliación de novas PEMES xa creadas.

Definicións:

.- Novo emprendedor. Persoa física que non estea acometendo unha actividade económica por conta propia ou ben, que figure de alta como autónomo con unha antigüidade igual ou inferior a 42 meses.

.- Nova PEME-Autónomos: cando a alta censal teña unha antigüidade inferior a 42 meses e deberá ter plena dedicación ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta propia ou allea dende a alta na actividade ou da data da solicitude)

.- Nova PEME-Sociedades: cando tanto a súa constitución como a súa alta censal non teñan unha antigüidade superior a 42 meses.

Custo subvencionable do proxecto entre 25.000 e 500.000 euros.

Serán beneficiarios desta axuda as PEMES que cumpran os seguintes requisitos, entre outros:

.- Mais da metade do seu capital corresponderá a persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude.

.- Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade por conta propia deberá ter plena dedicación ao proxecto.

.- Contribución financeira ao proxecto, de como mínimo o 25% do importe do investimento.

Investimentos subvencionables: Obra civil; bens de equipamento; activos fixos mobiliarios; activos inmateriais; gastos de I+D e canon franquías; aluguer bens inmobles, reforma instalacións; gastos de informe de auditoría; e activos pertencentes a un establecemento que pechase ou vaia pechar.

Contía: ata o 25% dos investimentos subvencionables (ata o 35% no caso de pequena empresa)

Prazo de solicitude: ata o 20/06/2017.

 

tumblr_inline_nj5rbld1eR1s75wcm