A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem), atendendo unha demanda feita por numerosos socios e socias, está a organizar un curso de inglés orientado ao sector do comercio e da hostalería de Melide.

Será impartido por profesionais da academia de ensino O Pequeno Besbello e terá unha duración indefinida que será maior ou menor en función do progreso dos participantes e das necesidades que vaian xurdindo ao longo do curso. Haberá dous días de clase á semana no salón de actos de Asetem e o horario, preferiblemente de tarde-noite, será acordado polos asistentes para que se adapte o máximo posible á actividade dos seus respectivos negocios. A formación incluirá unha parte de gramática e outra de expresión oral e conversa con profesor nativo.

Inicialmente este curso está dirixido só aos negocios asociados a Asetem e aos seus traballadores. En caso de que non se cubra a totalidade das prazas poderán participar outros establecementos da vila non asociados. As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 15 de outubro nas oficinas de Asetem. Tamén poderán facelo chamando ao número de teléfono  981 50 61 88.